Busca no blog

mércores, 29 de maio de 2013

II FEIRA DO LIBRO


           Estamos preparando a " II Feira do Libro", unha festa da Biblioteca na que intercambiaremos libros, teremos contacontos, un rincón de "libros doutro tempo", e moitas sorpresas.

O 18 E 19 DE XUÑO na aula de psicomotricidade de Infantil
PROGRAMA 

martes, 28 de maio de 2013

LIBROS CON MÚSICA

A biblioteca adquire os libros disco: Soarán ata fin de curso antes de entrar ao cole. ¡QUE OS DISFRUTEDES! Hoxe, ás 20´00h, preséntase na Feira do Libro de Ourense, na Alameda, o libro "Rosalía pequeniña", coa presenza da cantante Uxía.

Susa Herrera na Valenzá

 O VENRES, 31 DE MAIO, podremos disfrutar das cancións de Susa Herrera


martes, 21 de maio de 2013

Sabela Gago, mestra e actriz

A gran actriz Sabela Gago, compoñente do grupo ourensán "Sarabela", estivo connosco animándonos a ler, facéndonos descubrir a maxia que hai dentro dos contos.
MOITAS GRAZAS! Esta foi a súa dedicatoria no noso libro de visitas:

      "Paseino moi ben con vós, tedes a maxia da escoita, a orella verde dos que saben disfrutar das historias e as palabras máxicas que abren a imaxinación. Seguide así e volverei... regresarei para que, entre todos, podamos seguir disfrutando dos contos". 
    Sabela.




martes, 14 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Sara de 2ºB e membro do grupo "Queixumes dos pinos",  deunos unhas clases de "Muiñeira"





CONTACONTOS



Liña do tempo sobre a vida de Roberto Vial Bolaño. Grazas ao IES San Paio


2013, ANO DE ROBERTO VIDA BOLAÑO.
Aquí tedes enlaces para coñecer a vida e obra deste autor galego.  

ROBERTO VIDAL BOLAÑO (LIM)
(Autor: Filomena Manzano Laso, Julia Pérez Vázques e Margarita Rocafort Hermida

Roberto Vidal Bolaño
View more presentations or Upload your own.
Grazas ao IES Concepción Arenal de Ferrol por este traballo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA REAL ACADEMIA GALEGA

Álbum ilustrado

O Álbum ilustrado "Mamá" da ilustradora arxentina Mariana Ruiz Johnson leva o VI Premio Compostela. 

mércores, 8 de maio de 2013

CINE GALEGO E LIBROS

Durante a Semana das Letraas galegas ( do 13 ao 16) proxectaremos no Salón de actos curtametraxes feitas en Galiza. Moitas delas son adaptacións de libros que temos na Biblioteca.
Tamén en portugués