Busca no blog

mércores, 30 de outubro de 2013

Noticia interesante

Por sorte, os centros que estamos no PLAMBE (plan de mellora das bibliotecas escolares) xa estabamos alerta e sabemos que isto é unha realidade.


              Publicado na Voz de Galicia , la voz de la escuela, o 30 de outubro de 2013

luns, 28 de outubro de 2013

Érase una vez...Halloween

   Despois de ver esta película de Disney "Érase una vez Halloween", na que aparecen os malos máis malos do cine de Disney, podemos reflexionar sobre os contos dos diferentes personaxes.



INVENTAMOS UNHA HISTORIA TERRORÍFICA

        Nesta actividade traballamos a expresión corporal, a dramatización, a imaxinación e a invención de historias.

       A partir das letras SAMAÍN, imos decondo palabras que comecen con esas letras e que estén relacionadas con esta data. Van escribindo as palabras dentro das letras.



    Despois facemos grupos de 3 ou 4 nenos e dáselles unha letra chea de palabras coa que teñen que inventar unha pequena historia. Este foi o resultado:



Co alumnado de terceiro ciclo podemos traballar a expresión corporal e representación:

 
          Os de 4º curso  e 3º ciclo poden finalizar o traballo das letras escribindo arredor delas a historia inventada, a modo de caligrama.




martes, 22 de outubro de 2013

24 de outubro: "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas escolares", polo que será unha xornada de portas abertas, puidendo visitala.
Debido á convocatoria de Folga en Educación, esta xornada farase o 25, venres
                                                          ¡ACHEGÁDEVOS!




         




                    

MALETA DE PAPEL

Por xentileza da librería Kátedra, de Ourense, teremos durante un mes a "Maleta de Papel", unha maleta chea de libros para disfrutar da súa lectura. Hoxe foron repartidos entre o alumnado de 6º e 5ºA. Ao finalizar o préstamo entregaremos a nosa opinión e valoración. Tamén nos farán o 10% de desconto na compra de libros. ¡MOITAS GRAZAS!

xoves, 10 de outubro de 2013

¿QUEN CANTA Á ENTRADA?

   Neste mes de outubro, na entrada ao colexio podedes disfrutar das cancións do Libro CD "Pan de Millo", do grupo teatral Migallas. foi adquirido pola Biblioteca do colexio xunto con outras Novidades que iredes vendo na entrada da mesma.