Busca no blog

venres, 20 de decembro de 2013

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Queremos dar as GRAZAS a todos e todas os colaboradores da Biblioteca que seguen a traballar cada día: ordenando, arranxando, aconsellando, colocando, prestando,...




Recomendacións de lectura para o Nadal

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

A mestra Carmen Mosquera fai estas recomendacións de lectura para o 2º ciclo:

  • LER cada día 5 minutos –polo menos- en voz alta unha revista, un xornal ou calquera libro en galego ou español (vale repasar nos libros do 1º trimestre).
  • Por se non se che ocorre que ler, aí van algunhas suxerencias de libros estupendos. Hainos de balde na Biblioteca do cole e na da Valenzá.
    • Natacha de Luis Mª Pescettiva
    • Cipi de Mario Lodi
    • Este duende es una ruina de Elvira Menéndez y José Mª Álvarez
    • Qué asco de bichos. El cocodrilo enorme de Roald Dahl
    • La selva en verso de Gloria Fuertes
    • Cabeciña a paxaros de G. Sánchez
      • Calquera das series :
        • “Los cinco” de Enid Blyton
        •  “Minilibros” Disney Gaviota
        • “Geronimo Stilton”
        • “Tea Stilton”
        • Astérix
        • Cedric

(Podes contar 120 palabras e controlar que as les correctamente nun minuto. Se ves que non che chegou o tempo para lelas todas, tes que aumentar os minutos diarios adicados a ler)

  •               Escribir unha ou dúas copias con bolígrafo de catro ou cinco liñas e corrixilas comprobando co orixinal que non cometiches erros.



  •     Facer sopas de letras, xogos de atopar diferencias –como os que aparecen no xornal-, debuxar, facer puzzles, escribir un diario ou contos inventados por ti… sen límite!

FELICES VACACIÓNS!

mércores, 18 de decembro de 2013

CONTACONTOS NO NADAL

As voluntarias de 6º curso contan contos clásicos os días 18 e 19 de decembro.
MOITAS GRAZAS!
Recibiron un chaveiro de Donlibro de agasallo
MOITAS GRAZAS e a seguir de CONTACONTOS!
        ALICIA

 KENIA


 LUCÍA

martes, 10 de decembro de 2013

CINE DE NADAL

      Na semana antes das vacacións disfrutaremos de boas películas que ademáis de divertirnos nos ensinarán cousas interesantes: a amizade, o respecto pola natureza, a sensibilidade,... 



  "Cuento de navidad", para 3º ciclo




                                          "Las aventuras de los cinco", para o 2º ciclo     

DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS

Neste vídeo podemos ter unha idea do que significam os "DEREITOS HUMÁNS"
      Si tedes a posibilidade ide ao cine a ver esta película que trata sobre este tema.
"El  extraordinario viaje de Lucius Dumb"

El extraordinario viaje de Lucius Dumb