Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

luns, 23 de febreiro de 2015

O ESPAZO

O alumnado de 5 anos leva traballando neste curso o proxecto "O ESPAZO".

Día de Rosalía, 24 de febreiro

178º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro 
Homenaxe de Google á nosa admirada poetisa.

Aprende algo máis sobre Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis importante.
A Asociación de  Escritores e escritoras en Lingua Galega AELG  promove a conmemoración o día 24 de febreiro, do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, aniversario do nacemento da autora.


Durante toda a semana ven á Biblioteca e poderás recitar algún dos poemas de Rosalía de Castro. Tamén escoitarás poemas cantados por coñecidos cantantes.

  



                                   lecturas compartidas







domingo, 22 de febreiro de 2015

FILOMENA DATO


Metidos de cheo na procura de que a Filomena Dato Muruais se lle recoñeza a súa valía como escritora, sempre se atopan amigos de verdade que saben utilizar as verbas adecuadas e dar este recoñecemento. 
Xosé Luna Sanmartín, mestre e escritor, comprometido coa sua terra plasmou estas verbas:

ars_dedicandi_filomena                                                                Preme nesta imaxe e saberás máis sobre Filomena Dato


Tivemos unha grata sorpresa ao recibir o seguinte correo:





xoves, 19 de febreiro de 2015

DULCINEA NO FILOMENA

         Hoxe visitounos a enamorada de Don Quijote, Dulcinea del Toboso. Fíxonos rir coas aventuras do seu valeroso cabaleiro e coa participación do alumnado de 3º e 4º.